noticias de actualidade a todo gulanses

Intentemolo, só fai falla que todos coñezcamos o enlace de este blog, que todos sepamos que desde este recuncho internautico podemos ofrecer desde as mesmas entrañas de GULÁNS o que aquí está pasando e que menos que desde allende os mares ou desde calquer outro rincón do planeta, calquer veciño que tenha morriña pola sua terra nai sepa en cada momento o que ali acontece.
Só fai falla que cada un de nos traslade por calquer medio de comunicación este enlace "gulans e noso"
casi que temos as 1000 visitas en pouco mais de 2 meses pero queremos que todos os que naceron en Guláns ou tenhan vinculos coa parroquia poidan entrar e consultar as noticias.
Animo que vamos a seguir traballando por vos.

lunes, 29 de marzo de 2010

Necroloxía

Finou "Eugenio de Penadouro"
No día de oxe estamos tristes, con tan solo 72 anos e a pouco mais de un ano da celebración das suas bodas de ouro (foto), Eugenio Rodríguez González deixounos para sempre.
Traballador o longo da sua vida, cazador como o que mais, amigo de todos, formou unha familia sencilla, humilde, traballadora e que desde o seu recuncho no Outeiro do Foxo miran hacia o futuro.
Non solía faltar a xogar a partida o dominó o Centro Cultural do Parque Avisoureira, de feito o antederradeiro domingo saludamonos cando o tempo pedía un café e sentabase na sua mesa disposto a colocar fichas cos seus compañerios de partida.
Deixounos sin facer ruido, pero a dor que supuxo a sua morte si que sonou en Guláns.
A viuda Carmen Groba Porto o noso mais sentido pésame, así como os seus fillos Eugenio (vicepresidente da Asociación Cultural de Guláns) e a Casiano, así como os seus netos Tania e Braulio que desde a Banda de Música Unión de Guláns tamén se lles traslada o ánimo que nestes momentos necesitan e sin olvidarnos do restos dos familiares mais directos. A todos eles o noso reconocemento.
O enterro será mañá Martes 30 de marzo as 17:30 h. na Igrexa de Guláns con funerales e sepultura no cemiterio.
Hasta sempre Eugenio de Penadouro.

domingo, 28 de marzo de 2010

YouTube - Trial Guláns 2009

YouTube - Trial Guláns 2009 Circuitos, zonas, participantes, infraestructura... todo no IV campionato Trial Guláns do 2009 Este ano queremos volver a dar un día de ledicia os amantes das motos. O marco é idóneo. Non te esquezas e acercate a Guláns Parque D'Avisoureira. é unha atención da Asociación A. Cultural de Guláns.

V Campeonato Galego de TRIAL, GULÁNS

V CAMPIONATO GALEGO DE TRIAL GULANS 2010
DOMINGO 9 DE MAIO 2010
PARQUE AVISOUREIRA
GULÁNS - PONTEAREAS
O próximo día 9 de maio vaise celebrar no Parque d'Avisoureira e nos montes limitrofes o V campionato TRIAL GULANS 2010, proba valedeira para o Campionato Galego.
Desde as 10:00 h. que saldrá o primeiro corredor facendo a 1ª zona no propio Parque, e de seguido subirá ata o barrio da Chan da Barroca, sito a 2 kms. do Parque cara o norte, para competir nas 6 zonas que se atopan nos penedos daquel monte, todas pretas unhas das outras e unha vez finalizada a 7ª zona voltan o Parque para disputar a 8ª zona, así conformará unha das 3 voltas o circuito de que consta o Campionato.
Despois do éxito do ano pasado,do que se adxunta enlace informativo, o MOTOCLUB MOAÑA volta a Guláns a organizar tal evento, por mor da axuda desinteresada por parte da Comunidade de Montes de Guláns, da Asociación A. Cultural de Guláns e os propios veciños que desinteresadamente ceden os terreos a monte e colaboran na organización.
Participarán entre 50 e 60 corredores de varias agrupacións galegas, tal así como:
Motoclub Moaña, Peña Motorista Viguesa, Peña Motorista Val Miñor, Moto Club Entrimo, Moto Club Aldan, Moto Club Teo entre outros.
Correran nas distintas categorías de Promoción, Cadetes, Veteranos, Junior, Senior A-B
Entre os pilotos destacados do circuito nacional están:
Antonio Alfonso como campión galego absoluto.
Jorge Casales, do Club Roda Moto de Vigo, quen foi campión de España Juvenil ano 2009 e actualmente é Lider do Campionato de España Junior 2010, Ter en conta que este corredor, con permiso especial, pasou directamente da categoría Juvenil a Junior sin pasar por Cadete como era preceptivo.
Toda unha mañá de domingo que se pode voltar apasionante para os amantes as motos, aqueles que aprecien as dificultades que entraña o ter que sortear os obstáculos que en sí os penedos que floran sobre a terra nestes montes de Guláns se lles presenta a cada un dos corredores.

concerto musical

A Banda de Música "UNIÓN DE GULÁNS" ofreceu na mañá de este Domingo de Ramos un concerto no atrio da Igrexa de Guláns.
Pendente desde o día de Sta. Cecilia que por mor do mal tempo foi suspendido, con gran cantidade de público que o término da misa quedouse para escoitar unhas cantas obras musicais.
Tamén sirve de preparación para o próximo festival de Bandas a celebrar os vindeiros 17 é 18 de abril en Tui.
Formación actual da Banda de Música "Unión de Guláns" Presidente: Miguel Porto Directora: Alicia Porto

noite de baile

A noite do pasado sábado, con cambio de hora incluido, celebrouse no auditorio do Centro Cultural de Guláns un baile amenizado pola orquesta ISLA. O motivo foi o agradecemento do Barrio Costas de Sequeiros que neste ano 2010 organizan a Festa na honra da Virxen da Saude, queren dedicarlles a todos os que colaboran en levar a cabo tal festa parroquial. Concurrida e ata altas horas de madrugada, con chocolate incluido foi satisfación de aqueles que se achegaron o Parque D'Avisoureira. Esperemos que non só quede nun intento é que mais noites de sábado se poidan celebrar bailes neste marco tan idóneo como é o Auditorio do Centro Cultural de Guláns.

jueves, 18 de marzo de 2010

cambio de data ciclismo

Pasa por Guláns subida hacia COUSO CICLISMO 18 DE ABRIL Que por razóns técnicas dependentes da Jefatura de Tráfico, a proba ciclista da COPA DE ESPAÑA-G.P. DEPUTACION DE PONTEVEDRA que se ia a celebrar o vindeiro 21 de marzo, pasa a celebrarse o día 18 de ABRIL, misma hora e recorrido. Así que as 13:43 h. pasa pola Igrexa de Guláns encaramandose o porto de San Martiño Porto de 2ª categoría as 13:48 h. Subida que pode estar interesante o caron do Penedo da Sobra, 5 minutos de tensión e de ver sufrir os ciclistas que no seu tramo final hacia meta en PONTEAREAS 13:55 H. xa vendrán coas forzas o límite. ÁNIMO CICLISTAS, DISFRUTADE AFICIONADOS

lunes, 15 de marzo de 2010

concerto musical

BANDA DE MÚSICA "UNIÓN DE GULÁNS"

CONCERTO EN GULÁNS

O vindeiro domingo día 28 de marzo (domingo de Ramos) as 12:45 h. a Banda de música "Unión de Guláns" vai a ofrecer un concerto musical no atrio da Igrexa de Guláns

Este é un dos concertos que a citada Banda lles ofrece os seus veciños o longo do ano.

Dirixida por Alicia Porto

Presidente: Miguel Porto

Será nesta mañá dominical de Ramos cando a música volta os aires de Guláns, e como desde a escola de música suministra membros para que tras o seu paso pola Banda sexan no día de mañá grandes músicos como xa tantos outros xa o conseguiron.

Mais de 100 anos dannos a razón de que a cultura musical de Guláns é de matricula e que temos que seguíla potenciando para chegar a cotas maiores.

Asistamos pois o concerto e aplaudamos a interpretación das suas obras musicais.

Organiza: asociación Banda de Música "Unión de Guláns"

viernes, 5 de marzo de 2010

concurso carnaval

O pasado domingo 28 de febreiro celebrouse no Centro Cultural de Guláns o concurso de carnaval 2010 que foi suspendido no seu día a causa do temporal.
Gran concurrencia de público e mais de disfraces que desde cativos ata maiores, grupos, individuales ou parellas.
O auditorio fixose pequeno para albergar a todos pois o tempo fixo imposible facelo o aire libre na pista de Futbol Sala.
Había bo ambiente e comunicación en tanto os regalos e premios foron acordes coa importancia do evento.

O grupo de peregrinos co apostol Santiago o frente (Eloy) foi a sensación dos asistentes xa que con coreografía da canción "A Santiago voy" deleitaron o público desde o escenario do Centro Cultural.

Grupo de catequistas.

jueves, 4 de marzo de 2010

O ciclismo pasa por Guláns

Estamos de sorte, o vindeiro 21 de marzo con motivo da celebración da COPA DE ESPAÑA - G.P. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, na categoría de élite- sub 23 discurrirá por varios concellos do Condado é Louriña. No recorrido acordaronse de Guláns non sendo a primeira vez que vemos subir os ciclistas polo penedo da sobra cara Couso. Así que paso o rutómetro oficial da volta en tanto a saida, chegada en Ponteareas e o tramo que discurre por Guláns: Saida Ponteareas 10 h. cara Porriño, carretera de Salceda, Leirado, As Neves, Arbo, Guillade, Villasobroso, Ponteareas, Mondaríz, Villasobroso, Ponteareas, Mondaríz, Villasobroso, Ponteareas, Areas, Guláns, Alto de Couso, Confurco, Ponteareas. Ten previsto o seu paso pola Iglesia de Guláns sobre as 13:15 h. De tal forma que Guláns debe volcarse coa proba ciclista e animando os participantes no seu esforzo. Debemos estar o carón da carretera e aplaudir como o que mais. Penso que a subida a Couso debe ser sensacional e situarse na esplanada que existe o pasar o Pilon xusto antes do Penedo da Sobra debe ser un lugar idoneo para ver sufrir un ciclista na subida e como da sua cara lle cae o sudor que o fai distinguir entre os deportistas. Animo os organizadores da Proba e gracias por visitar GULÁNS.

miércoles, 3 de marzo de 2010

CENA DA MULLER 2010

CENA DA MULLER

NO PARQUE AVISOUREIRA

- GULÁNS –

SÁBADO, 20 DE MARZO

22,00 H CENA

MENÚ

MERLUZA A ROMANA CON ENSALADA

SOLOMILLO DE POLO AL CURRY

SURTIDO DE DOCES CASEIROS

BEBIDA, CAFÉ, LICORES

E DESPOIS:

BAILE, CHOCOLATE, REGALOS E SORPRESAS

O prezo da CEA por MULLER:

Socias: 18€ - Non Socias: 23€

FECHA LÍMITE PARA ANOTARSE: LUNS, 15 DE MARZO

PODEN ANOTARSE ANTE CALQUER MEMBRO DA ASOCIACIÓN OU NA CAFETERÍA DA CULTURAL

ASOCIACIÓN ARTÍSTICO CULTURAL DE GULÁNS

lunes, 1 de marzo de 2010

Baile con orquesta

No Centro Cultural de Guláns, Parque Avisoureira, vaise a celebrar o próximo sábado 27 de marzo a partir das 22:00 h. unha gala-baile a cargo de unha famosa orquesta.
Por primeira vez actuará unha orquesta no auditorio que está practicamente rematado e con unha sonorización fabulosa, veremos que pasa coa Orquesta.
Este evento faino posible a comisión de festas da Virxen da Saude para o ano 2010 que lle corresponde o barrio da Costa de Sequeiros.
A entrada será libre e gratuita, tendo lugar o longo da noite un sorteo que será a recaudación que poideran ter.
Sin poder a data de oxe o nome da orquesta dícese que será unha de renombre.
De este xeito quere a comisión de festas da Costa de Sequeiros agradecer a todos aqueles que colaboran de unha forma ou outra para que se poida facer a festa con garantías de que todo teña un final feliz.
Ven por tanto e anima a outros amigos a asistir e participar no bailongo da noite do sábado 27 de marzo no Centro Cultural de Guláns.