noticias de actualidade a todo gulanses

Intentemolo, só fai falla que todos coñezcamos o enlace de este blog, que todos sepamos que desde este recuncho internautico podemos ofrecer desde as mesmas entrañas de GULÁNS o que aquí está pasando e que menos que desde allende os mares ou desde calquer outro rincón do planeta, calquer veciño que tenha morriña pola sua terra nai sepa en cada momento o que ali acontece.
Só fai falla que cada un de nos traslade por calquer medio de comunicación este enlace "gulans e noso"
casi que temos as 1000 visitas en pouco mais de 2 meses pero queremos que todos os que naceron en Guláns ou tenhan vinculos coa parroquia poidan entrar e consultar as noticias.
Animo que vamos a seguir traballando por vos.

miércoles, 21 de abril de 2010

Futbol Sala

II Torneo de Futbol Sala
Parque Avisoureira
Guláns (Ponteareas)
Despois do éxito acadado no 1º torneo de Futbol Sala de Guláns, tanto en participación como en calidade do futbol que aplicaron os xogadores, voltase este ano 2010 a celebrar de novo o II Torneo de Futbol Sala Guláns que vai a ser na pista polideportiva das instalacións que a Asociación Cultural de Guláns dispon no Parque de Avisoureira.
En este ano e seguindo a liña do ano pasado, presentando uns premios en metálico e mais os correspondentes trofeos, iniciase a fase de publicidade e inscripción, seguindo as seguintes datas:
INSCRIPCIÓN ata o día 29 de Maio
SORTEO día 5 de Xuño
COMENZO día 14 de Xuño
FINAL TORNEO día 17 de Xullo
Máximo 24 equipos
CUOTAS POR INSCRIPCIÓN 150 Euros
CUOTA FIANZA 50 Euros
Arbitros titulados Para inscribirse habrá de dirigirse a calquer membro da Asociación Cultural ou ben na Cafetería do Centro Cultural, Tfno. contacto 629285578 Florencio - 679336450 Alvaro

Senderismo en Guláns

lunes, 19 de abril de 2010

Teatro en Guláns

SOCIO-ANIMACIÓN EN GULÁNS Centro Cultural do Parque Avisoureira
Jose e Susana
Hilda e Peregrina
ALGO MAIS QUE TEATRO...
Cando me decía Deolinda Groba, "xa podo morrer que cumpliuse o que me habría gustado facer sempre", ¿eló que era? preguntaballe, e entre sonrisas, con uns ollos húmedos e voz temblorosa contestoume "facer teatro"
Iso foi o que fixeron na tarde do domingo un grupo de veciños/as de Guláns que, enrolados nun colectivo de socioanimación ben dirixido pola coñecida "HILDA" representaron uns "squechs" que nos levaba á realidade cotidiá.
Somentes lles fixeron falla dous ensaios de unhas 2 h. de duración cada un para trasladar ó público ó que acontece na vida diaria en calquer familia na cal estamos inmersos é non mui distanciados dos feitos.
A gracia de Susana que parecía "Lina Morgan" a simpatía de Hilda, o traballo de Carmen Vidal, o descaro de Peregrina, o sosiego do difunto Pascual (Lidia) ou as picardías do cura José Souto fixeron sonrir os mais 200 persoas que se atopaban no auditorio.
Deciase que o curso era de Risoterapia, que se trata con él de desinhibirse, de empatizar, de saber falar en público e ó que pode ser mais dificil, sin guión nin partitura, decir as cousas como saen, como se pensan ou como se interpretan con tal de facer rir a xente é que non se rian de un, sinon polo que un fai, que non é o mesmo.
Desde logo foi todo unha sorpresa dado que naide sabía o que ia acontecer, o que se ia a representar, quen eran os actores nin como se titulaba a obra. A xente acudiu, cada actor atendía polo seu nome de pila, as risas nalgún momento cortaban os actos, e volta a seguir.
Creo sinceramente que en Guláns hai que formar de inmediato un grupo teatral, pois madeira si que hai e talentos muitos mais.

domingo, 18 de abril de 2010

San Martiño porto de 2ª categoría

San Martiño (Couso-Guláns) porto de 2ª categoría

CICLISMO COPA DEPUTACIÓN
Nesta mañá de domingo, como non podía ser menos, Guláns vestiuse de gala para acoller a Copa Deputación de Ciclismo, as beirarruas estaban petadas de xente para ver o sufrimento dos ciclistas que con mais de 120 km. facían os seus últimos 13 km.
Pero éstes últimos kilómetros non ian a ser un paseo de rosas, non, alí estaba a subida a San Martiño de Couso que desde a Igrexa de Guláns empinase con cotas de mais do 17% en algúns tramos, certo é que son 1800 metros de subida pero chega. Ahi é donde se rompeu a carreira, pois, os comenzos da costa de Areas ainda o pelotón viña un tanto agrupado con dous corredores da Caixa Rural en cabeza, con uns cantos segundos de ventaxa, pero, cando o campanario da Igrexa de Guláns mostrouse os corredores é como si un imán lles fixese pegarse o pavimento, xa a bicicleta non rodaba, os corredores puñanse de pé sobre ela, encorbaban os seus riñóns é agachaban a cabeza quizás pa non ver donde remataba a subida. Sufrimento a mais non poder.

Aficionados o ciclismo a espera dos ciclistas. Coronando o porto de 2ª

Aficionados, simpatizantes, veciños de Guláns, todos non se quixeron perder a oportunidade que nos ofreceu o ciclismo e vontade que os organizadores do Club Ciclista de Ponteareas puxeron para que este tramo de ascenso estivese no rutómetro da prova, entre eles o agradecemento a José Luís Teixeira e a José Amil desde a Asociación A. Cultural de Guláns.

jueves, 15 de abril de 2010

más actividades 2010

DOMINGO 9 DE MAIO A PARTIR DAS 10:00 H. V CAMPEONATO TRIAL MOTOS GULÁNS Mais de 50 participantes de toda Galicia para celebrar a proba valedeira para o Campeonato Galego de Trial 3 voltas con 8 probas a desarrollar: 2 no Parque Avisoureira e 6 na Chan da Barroca Participa o Campión de España Juvenil 2008 e Sub campión de España Junior 2009: Jorge Casales, ademáis do Campión Galego Absoluto: Antonio Alfonso. DOMINGO 16 DE MAIO DIA DAS LETRAS GALEGAS as 17:30 h. CONTOS E TEATRO NO AUDITORIO DO CENTRO CULTURAL GRUPO DE TEATRO: PINGA TEATRO 1ª actuación, Contacontos: contos, xogos e cancións Lectura dos contos dos nenos de Guláns 2ª actuación, Teatro: teatro con monicreques DOMINGO 23 DE MAIO as 17:30 h. FESTIVAL DE ESCOLAS DE BANDAS DE MÚSICA A celebrar no Auditorio do Centro Cultural do Parque Avisoureira, acto que organiza a Asociación Cultural en colaboración co a Asociación da Banda de Música Unión de Guláns.

actividades mes de maio

2008 "visita a canteira de Mariano"
1º de maio, senderismo.
Tal como anos anteriores a Asociación Cultural ven a celebrar as tradicionais rutas de senderismo para coñecer un pouco os recunchos de Guláns.
Tal día como é o SABADO 1 de maio as 9:30 h. partiráse desde o PARQUE AVISOUREIRA co obxeto de visitar o "Centro Onográfico do Muiño" en Couso e voltar de novo o Parque Avisoureira donde se chegará a lá polas 14:00 h.
A ruta é de dificultade media, con unha lonxitude de 12 km. que tal como se sae do Parque vai recorrendo diversos lugares de interés tal como os muiños, as pozas de regadío e as fontes que se van atopando no percorrido que discurrira polos barrios entre outros de Devesa, Cabanas, Valiñas, Barroca, Cima, Chan de Carrasco e Couso.
Xa en Couso, a Asociación Cultural San Martiño de Couso pondrá en marcha os muiños existentes no Centro Onográfico e guiará os visitantes no seu emplazamento. Tendo así oportunidade de poder contemplar como se moe o centeo para logo facer o pan.
A Asociación Cultural de Guláns ofrecerá a media mañá (11:00 h) un aperitivo de axuda a subir o camiño, o tempo que invita a todos aqueles que estén interesados en respirar aire fresco e facer deporte e aventura.

jueves, 8 de abril de 2010

concurso de bandas de música

O próximo sábado día 17 de Abril a Banda de Música Unión de GULÁNS ten unha cita en Tui, será cando se celebre o terceiro concurso zonal (SUR) de Bandas de Música.
O teatro municipal de Tui acollerá éste ano as tres sección de que está composto éste concurso que a partires das 16 h. da comenzo coas bandas da 3ª sección composta por as Bandas de música de Arbo, Chapela e Municipal de Redondela, sobre as 18 h. actuarán as Bandas da 2ª sección compostas por as de Unión de Guláns, Goyán e Xinzo, e o redor das 20 h. farán a súa presentación as Bandas de música de Rosal, Vincios e Torroso
Os veciños de Guláns queren prestarlle o maior apoio posible a Unión de Guláns e para elo propoñense realizar unha excursión ata Tui para arroupar a ésta agrupación no seu concurso.
Desde a Asociación da Unión de Guláns e a Asociación A. Cultural de Guláns dispoñén de un autobús que saldrá da Igrexa de Guláns as 16:30 h. cara a Tui, e así poder presenciar a actuación da 2ª e 1ª sección, regresando o remate do concurso.
50 plazas limitadas no Autobús por un precio de 5 euros, a entrada no teatro e libre e gratuita.
Para apuntarse a ésta excursión facélo ante calquer membro das respectivas asociacións organizadoras ou tamén na Cafetería do Centro Cultural do Parque da Avisoureira.
Tfno. 626214247 Miguel Porto- 651895221 Florencio Porto