noticias de actualidade a todo gulanses

Intentemolo, só fai falla que todos coñezcamos o enlace de este blog, que todos sepamos que desde este recuncho internautico podemos ofrecer desde as mesmas entrañas de GULÁNS o que aquí está pasando e que menos que desde allende os mares ou desde calquer outro rincón do planeta, calquer veciño que tenha morriña pola sua terra nai sepa en cada momento o que ali acontece.
Só fai falla que cada un de nos traslade por calquer medio de comunicación este enlace "gulans e noso"
casi que temos as 1000 visitas en pouco mais de 2 meses pero queremos que todos os que naceron en Guláns ou tenhan vinculos coa parroquia poidan entrar e consultar as noticias.
Animo que vamos a seguir traballando por vos.

viernes, 14 de mayo de 2010

VI Festival Escolas de Música

VI FESTIVAL ESCOLAS DE MÚSICA
PARQUE AVISOUREIRA GULÁNS
Como anos anteriores, é xa van 6, na terra musical como é Guláns, non podía faltar un festival de música, esa música que dende nenos se aprende nesta parroquia, rara é a casa que non ten un música nela. Guláns terra de músicos, e de grandes compositores, ahí esta D. Roxelio Groba entre outros. Catro son as agrupacións que van a presentar o festival que coa organización conxunta entre a Asociación de Banda de música UNIÓN DE GULÁNS e mais a Asociación Cultural de Guláns van a facer soar os seus instrumentos e a deleitarnos con unha tarde do domingo un tanto alegre. No Centro Cultural do Parque Avisoureira é no seu recen estreado Auditorio actuarán por o seguinte orde: Banda Infantil Agrupación musical do Rosal Banda Orquestra Sinfónica da Escola de Música de Mos Banda Musical Xuvenil de Moncao Portugal Banda Xuvenil da Escola de Música Unión de Guláns Está programado o seu inicio para as 17 h. do domingo 23 de Maio Esperemos que sexa do agrado de todos.

viernes, 7 de mayo de 2010

V Trial GULANS

DOMINGO 9 MAIO
V TRIAL GULÁNS
COMO CHEGAR A GULÁNS. DONDE SE REALIZAN AS PROBAS. CARTEL DO V TRIAL
Esperemos que a mañá do domingo brille con luz propia, que luzca o Sol, que saia como se pensa sin incidentes e que sirva de disfrute para os amantes a este deporte así como os veciños de Guláns os cales lle agradecemos a sua colaboración desinteresada no ofrecemento dos lugares das probas.
Desde a Asociación Cultural de Guláns, gracias e acudide o Parque Avisoureira o domingo.

jueves, 6 de mayo de 2010

DIA DAS LETRAS GALEGAS

Un ano mais, a Asociación A. Cultural de Guláns vai a celebrar o día das letras galegas, nesta data os nenos do Colexio Feliciano Barrera de Guláns van a participar na redacción duns contos que polo serán recitarán no escenario do auditorio do Centro Cultural.
O mesmo tempo actuarán o grupo PINGA de teatro para animación de pequenos e maiores
A Asociación invita a todos os veciños/as a que participen coa sua presencia e animando os mais cativos na exposición dos seus contos.
Tal como anuncia o cartel, será a partires das 17 h. do día 16 de maio no Parque Avisoureira

domingo, 2 de mayo de 2010

Senderismo 2010

Asociación Cultural de Guláns
SENDERISMO MAIO 2010
O amanecer do día do traballo non traía bos presaxios, con chuivas e neboas nacía un día triste, a desilusión da xente escomenzaba a notarse, eran as 9:00 h. PM cando os primeiros vehículos acercabanse o Parque Avisoureira e a conta gotas ian sumando números.
9:30 h. hora de iniciarse o recorrido que nos levaría por camiños e carreiros cara o norte de Guláns, xa eramos mais de 50 persoas as cales estaban cheas de ilusión e ganas de facer deporte, cando de pronto o Presidente da Asociación Cultural (Florencio Porto) fai un chamamento a todos os participantes e con unhas curtas palabras pero cheas de alento da a benvida e agradece a participación, presenta o percorrido así como a persoa que fará de guia turistica, tal como Merche Groba, é animando a todos a que sobre as 11 h. se lles brindará un aperitivo o pasar a "Caseta do Garda" dalles ó último impulso de decisión e a comitiva ponse en ruta.
Camiñantes de Vigo, Moaña, Redondela e outros lugares sentironse por unhas horas como verdadeiros veciños de Guláns e non daban crédito de tantos elementos rurais que se atoparon no seu recorrido, ainda que decían despois de mirar os muiños que non había dos muiños iguales de tantos que coñecían, cada un tiña un símbolo especial ou destacable. Fontes, Pozas de regar, Fervenzas, carreiros que facían poñer os camiñantes en fila india foron quedando atrás pa:ra acometer a dificil subida as cotas de Cabernouro e as Canteiras de Xinzo.
Son as 11:00 h. e na explanada de Cabernouro, nun cruce de camiños, alí chega o coche escoba que comenza a repartir empanadas (todas de pulpo, excepto unha que tamén era de pulpo) e bebidas, todos tiñan unha certa ansia por entreter o estomago ou quizás polo esforzo sufrido.
Os mais valentes deronlle ó Alvariño, pois non viña mal unha pequena dósis de reconstituente
Xa chegados os muiños de Couso, Diego e Bea pertecentes a Asociación San Martiño de Couso fan de guias tratando de explicarlles os visitantes a historia dos muiños e como se pon en marcha un deles. Asombrados quedamos cando nos indicaron a existencia de unas escaleiros ou pasadizos de madeira que desde os muiños baixan parexos as augas do rio Couso cara a Cans.
A volta o Parque foi mais sosegada toda vez que foi baixando por asfalto a carón do Penedo da Sobra, partido o medio é que dende mais de 100 anos se di que vai a cair monte abaixo. certo é que cada vez está mais aberto e calquer día danos un disgusto.
O termo da ruta de senderísmo, cada cal un tanto cansos foron retornando as suas casas mais non así un grupo de 30 que celebraron o evento con unha comida no Restaurante do Centro Cultural.
Todos eles quedaron agradecidos da hospitalidade ofrecida en tanto decían que volverían pronto. Desde a Asociación Cultural de Guláns gracias a todos pola participación e a amizade.